A comunicación nun mundo de paz
A comunicación, entendida no seu significado máis amplo, ten diversos papeis importantes na sociedade da comunicación. Un deles, está enmarcado na construcción dun mundo de paz.
Existe un dito popular que versa: "Falando enténdense as persoas". Persoalmente, creo que é unha frase moi acertada para este tema, xa que moitos dos conflictos que suceden ó noso redor teñen o seu foco na incomunicación, o gran problema da sociedade actual.
Pensemos durante un intre nas grandes penurias que teñen lugar a carón nosa. Existe un amplo abano de posibilidades onde o home non pode intervir, pois son cousas moi superiores a el, como, por exemplo, os terremotos, maremotos e outros desastres naturais. Pero si que existen outras opcións nas que o home pode e debe optar por intervir, como, por exemplo, unha guerra. Reflexionemos durante un intre sobre cal é o detonante que provoca o inicio de unha guerra. Xeralmente, débese á falta de acordo entre dirixentes, e consecuentemente, a súa falta de comunicación,a incomunicación: todos eles falan, pero rara vez se paran a escoitar.
Resultaría unha utopía pensar en voltar ó pasado e cambiar o curso da historia en momentos concretos. O mellor é pararse un chisco no presente e intentar axudar a modificar algúns aspectos para lograr un mellor futuro. ¿Onde debemos empezar? Nos pequenos ámbitos, tales como a familia, os amigos, os compañeiros da facultade... ¿ Cando debemos empezar? Xa. ¿Qué debemos facer? Comunicarnos: escoitar máis e falar menos. ![]()
